Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento.
Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradora fálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, pero tamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome.
Berta Dávila configura en «Os seres queridos», Premio Xerais de Novela 2021, un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal, unha historia que afonda nas arestas controvertidas da maternidade e confronta o relato edulcorado. Pero, por enriba de todo, a autora constrúe unha novela sobre os vínculos que nos atrapan e nos sosteñen, sobre se iso que somos é tamén o que queremos ser.
OS SERES QUERIDOS
Precio: 16,95€
Sin stock, sujeto a disponibilidad en almacenes.
Editorial:
Coleccion del libro:
Idioma:
Castellano
Número de páginas:
136
Dimensiones: 235 mm × 155 mm × 0 mm
Fecha de publicación:
2022
Materia:
ISBN:
978-84-11-10030-4