«Sonora» é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. Sonora é a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal. Sonoro é o coito, a éxtase. Sonora, a orfandade materna que sitúa a escrita deste libro na rompente da estirpe.
AUTOR/A
PATO, CHUS
Chus Pato, (Ourense, 1955). Publicou Urania (editorial Calpurnia,1991), Heloísa (Espiral Maior,1994), obra traducida ao castelán por edicións \"La Palma\", Fascinio (Toxosoutos,1995), Nínive (Xerais,1996), pola cal foi galardonada co premio Losada Diéguez, A ponte das poldras (Noitarenga,1996) e reeditada no 2006 por Editorial Galaxia, m-Talá (Xerais, 2000) e Un Ganges de palabras .

Saber máis »